Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VP-C 205/17 e un máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia do acordo de inicio do procedemento sancionador en materia de vivenda.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14:00 horas de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de novembro de 2017

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

anexo

Expediente: VP-C 205/17.

Persoa interesada: Javier García Lalinde.

DNI/NIE/NIF: ...959C.

Expediente: VP-C 213/17.

Persoa interesada: Flor Pérez Ferreiro.

DNI/NIE/NIF: ...875H.