Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017077TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de novembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2017077TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Julio Silvino García Fernández.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Julio Silvino García Fernández o contido da citada resolución, que figura como anexo.

Consonte o establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015 e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998.

Así mesmo, comunícaselle que, de optar por presentar o recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, perderá o dereito ás reducións aplicadas.

Lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de novembro de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017077TA-LU.

Denunciado: Julio Silvino García Fernández.

DNI: 77593022S.

Último enderezo coñecido: rúa do Canabal, 21, 1º, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Resolución: terminación do procedemento.