Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 28 de novembro de 2017 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 501 e 506 do polígono 42, do termo municipal de Sobrado.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 28 de novembro de 2017, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 501 e 506 do polígono 42, do termo municipal de Sobrado. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 20.11.2017.

A Coruña, 28 de novembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña