Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica o interesado a autorización administrativa dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica (expediente IN407A 2010/268-1).

O 21 de agosto de 2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se outorgou a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tibo, nos termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Padrón e Teo, na provincia da Coruña, e A Estrada, Valga, Caldas de Reis, Cuntis e Pontecesures, na provincia de Pontevedra (expediente IN407A 2010/268-1).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación neste procedemento en virtude da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o interesado Ángel Martínez Pérez para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada ou o seu representante legal deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas