Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de novembro de 2017, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa Interesada

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

201515ALUG01241M

Glauber da Silva Cuevas

.....942Q

Resolución de desistencia

201515ALUG02631S

Mauricio Riera Madriz

.....155P

Requirimento de emenda das deficiencias da solicitude de subvención

201515ALUG02972B

Carmen Julia Rodríguez Martínez

.....149H

Requirimento de emenda das deficiencias da

solicitude de subvención

201515ALUG04901P

Carmen Celia Crofot Hernández

.....904J

Resolución de concesión