Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (tarxeta sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se terán por desistidas da súa petición.

Ourense, 22 de novembro de 2017

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 9414.

Interesada: Iarca —, Lica Ángela.

NIE/DNI/PAS: 443592.

Último enderezo coñecido: avenida de Buenos Aires, nº 122, 3º D, 32004 Ourense.

Nº de expediente: 10323.

Interesada: Cruz García, Albania.

NIE/DNI/PAS: RD4224338.

Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, nº 121, 32003 Ourense.