Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2017 pola que se notifica reclamación de custos ocasionados no expediente de desafiuzamento e recuperación dun departamento do porto de Rianxo (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Cunchas da Ría, S.L. mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 15 de novembro de 2017, para proceder ao pagamento de custos ocasionados con motivo da realización do desafiuzamento e recuperación do departamento de usuarios número 37 do porto de Rianxo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os custos que se reclaman derivan da apertura e cambio da pechadura do departamento, e do baleirado e posterior traslado do material que se atopa no departamento, á nave de depósitos do porto da Pobra do Caramiñal.

O importe total do gasto que se reclama é de 1.024,09 euros, IVE engadido.

A reclamación que se fundamenta no establecido nos artigos 100 e 103, do Real decreto lexislativo 2/2011 (BOE nº 253, do 20 de outubro), que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, se emite en aplicación dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o pagamento da cantidade reclamada, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003 (BOE nº 302, do 18 de decembro), xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

A presente reclamación, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

CLAVE DE INGRESO

Entidade/Oficina/D.C./Número de conta

2080 0394 17 3040004217

I

RECLAMACIÓN DANOS.

EXPEDIENTE: EXEC. SUB. 12-55-17-01.

INGRESO EN PERÍODO VOLUNTARIO.

EN METÁLICO.

Nome, apelidos ou razón social da persoa que fai o ingreso.

CUNCHAS DA RÍA, S.L.

Importe en letra

MIL CENTO VINTE E CATRO EUROS, CON NOVE CÉNTIMOS DE EURO.

Importe en cifra

1.124,09 €