Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna vertical, dunha praza de funcionario de carreira vacante e incluída na oferta de emprego público de 2017.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de outubro de 2017, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna vertical, dunha praza de funcionario de carreira vacante no Concello de Cospeito e incluída na oferta de emprego público de 2017, coas seguintes características:

Grupo de clasificación: C. Subgrupo: C1. Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 250, do 31 de outubro de 2017, fixéronse públicas as referidas bases na súa integridade.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no Rexistro de Entrada do Concello de Cospeito no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Cospeito, 3 de novembro de 2017

Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente