Expediente: IN407A 2017/126-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMTS, CTC Vista Alegre.
Concello: Boiro.
Feitos:
1. O 7 de xullo de 2017, a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 5 de setembro de 2017 e no BOP do 21 de agosto de 2017.
3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– LMTS a 20 kV, de 2x250 m (499 m), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe na LMTS BOI-809 (expediente 438/05), entre o CT Gaboiteira (15CGFW) e o CT Pontellón (15CBCW), e final no CT proxectado.
– CTC Vista Alegre, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.
O orzamento da instalación segundo proxecto é de 106.145,53 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar, ante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderse interpor recurso de alzada, ante o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 15 de novembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña