Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 29 de novembro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-56/2017 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícase ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador OU-S-47/2017, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instructor do expediente a Manuel Ledo Quintas. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador en materia de turismo corresponde ao xefe da Área Provincial de Ourense da Axencia Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentaren ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, as alegacións, os documentos e as informacións que consideren convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretendan valerse e advírteselles que, de non formularen alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 29 de novembro de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-56/2017.

Titular sancionado: Camilo Otero Casas.

Establecemento: Meu Ar.

Domicilio: Chamoso Lamas, 8.

Localidade: O Carballiño.

Incoación: 17 de outubro de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 450,00 euros.