Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento de elevadores, salvaescaleiras, portas automáticas e barreiras desta universidade (3 lotes, expediente 303/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 71.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 303/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento de elevadores, salvaescaleiras, portas automáticas e barreiras da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: 3 lotes: lote 1: Campus de Vigo; lote 2: Campus de Pontevedra; lote 3: Campus de Vigo.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses a partir do 1 de abril de 2018, ou desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato se esta última data é posterior. Prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50750000-7 (servizo de mantemento de ascensores).

h) CPA: 33.12.1 (servizos de reparación e mantemento de maquinaria de uso xeral).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica: 100 puntos.

4. Importe de licitación: establécense para cada centro de gasto os importes unitarios máximos de licitación anuais correspondentes ao mantemento de ascensores ou automatismos de cada centro, que se indican no anexo C-II.

5. Gasto máximo autorizado: lote 1: 221.914 euros; lote 2: 47.190 euros; lote 3: 102.366 euros (IVE engadido).

6. Valor estimado do contrato: lote 1: 366.800 euros; lote 2: 78.000 euros; lote 3: 169.200 euros.

7. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: lote 1: 9.170 euros; lote 2: 1.950 euros; lote 3: 4.230 euros.

8. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económico-financeira, solvencia técnica e profesional e concreción de solvencia: os que se indican respectivamente nos números 11, 12 e 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 de xaneiro de 2018.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 2.500 euros.

Vigo, 30 de novembro de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo