Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de novembro de 2017 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/190/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/190/2016-RP1 a Carlos Javier Tomé Carbia, en relación coas obras consistentes en dúas edificacións con tipoloxía industrial e movementos de terra, no lugar do Rollo, Santa Cristina de Vea, no termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística