Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56236

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo furgón de servizos varios (FSV) dotado de equipamento de excarceración para este consorcio.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo furgón de servizos varios (FSV) dotado de equipamento de excarceración para o Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento, cun gasto autorizado de 153.719,01 € (IVE excluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 20 de novembro de 2017

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento