Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os titulares dos predios afectados polo proxecto da instalación eléctrica LMT derivada Santiago da Veiga, no concello de Sarria.

Ante a imposibilidade de notificación aos titulares propostos por resultar a notificación infrutuosa, ou por seren os titulares descoñecidos, mediante o presente anuncio practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 4 de outubro de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Santiago da Veiga promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Comunícase que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de novembro de 2017, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderán presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación aos titulares propostos ou descoñecidos dos predios que se relacionan no anexo a este anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 27 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

LMT derivada Santiago da Veiga.

Concello de Sarria.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto e enderezo

15

14

709

Alejandro Daniel Rguez. Saavedra. Puerta de Abajo 2, bl. 1, pt. 7, 28430 Alpedrete

31

502

345

José Penela Castro. San Salvador de Mato, 27600 Sarria