Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura gasista denominada acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba, promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. (expediente IN627A 2017/3-2).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A., con enderezo para os efectos de notificación en rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Orde do 14 de outubro de 1993 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Lugo e Vilalba.

Esta concesión administrativa transformouse en autorización administrativa á entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque, segundo o establecido na súa disposición adicional sexta, todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.

Segundo. O 5 de abril de 2017 a empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacions para acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en Vilalba (Lugo).

A infraestrutura gasista recollida no proxecto de execución presenta as seguintes características básicas:

– Conexión co gasoduto existente, en tubaxe de aceiro Ø 4’’ MOP 16 bar, Llanera-Vilalba.

– Antena de distribución de gas natural de 160 m hasta o punto de entrega en Entrepinares Proláctea, S.L. en tubaxe de aceiro Ø 4” cunha válvula de corte Ø 4” PN16.

– Acometida de 3 m a Entrepinares Proláctea, S.L. en tubaxe de aceiro Ø 4’’ cunha válvula de corte Ø 4” PN 16.

Terceiro. O 28 de xuño de 2017, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola cal se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente á acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. no lugar de Vilalba (Lugo), promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.

Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo de 2017, no Boletín Oficial da provincia do 19 de xullo e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 6 de xullo.

Durante este trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto. O 29 de xuño de 2017 a Xefatura Territorial de Lugo trasladou as separatas técnicas do citado proxecto de execución (infraestrutura gasista correspondente á acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. no lugar de Vilalba (Lugo), promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.), para os efectos de obter o seu informe ao respecto, ás seguintes entidades titulares de bens ou dereitos afectados: Concello de Vilalba, Begasa, Telefónica de España, S.A. e R Cable y Telecomunicaciones.

Contestaron todas as entidades, presentaron os seus respectivos escritos manifestando a súa conformidade e/ou fixando o seu condicionado técnico de que se deu traslado a Gas Natural Redes Distribución Gas, SDG, S.A., quen presentou a súa conformidade.

Quinto. O 28 de agosto de 2017 os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Lugo emitiron informe favorable sobre o expediente de referencia (IN627A 2017/3-2), de cara ao outorgamento da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista denominada acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. en lugar de Vilalba (Lugo), promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización das instalacións de gas natural; coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30 de novembro de 1999, sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; e coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De acordo con todo o indicado, a xefatura territorial

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a infraestrutura gasista correspondente á acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. no lugar de Vilalba (Lugo), promovida pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.

2. Aprobar o proxecto de execución da citada infraestrutura gasista, conformado polos seguintes documentos técnicos:

– Proxecto de execución de instalacións de gas natural-acometida APA para a subministración de Gas Natural a Entrepinares Proláctea, S.L. no lugar de Vilalba (Lugo), asinado polo enxeñeiro industrial José Luis Sousa López (colexiado nº 489 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia), datado en marzo de 2017 no cal figura un orzamento de 23.104,58 €.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A empresa promotora da infraestrutura gasista, Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A., constituirá no prazo de dous meses contado desde o momento do outorgamento da autorización, unha fianza por valor de 462,09 €, importe do 2 % do orzamento das instalacións, para garantir o cumprimento das súas obrigas, conforme o previsto no artigo 73.4 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, e no artigo 82 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda. A infraestrutura gasista que se autoriza realizarase de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto titulado acometida APA para a subministración de gas natural a Entrepinares en Vilalba (Lugo) e no cal figura un orzamento total de 23.104,58 €.

Terceira. As instalacións e as súas montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias, as normas que os complementan, regulamentos electrotécnicos, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes, así como cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade autónoma, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no eido do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e debe comunicar a dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura gasista e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sétima. A empresa promotora deberá iniciar a subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data en que a xefatura territorial formalice a acta de posta en marcha.

Oitava. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos da competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarias para realizar a citada infraestrutura gasista.

Novena. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por incumprimento das condicions estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer outro recurso que xulguen pertinente.

Lugo, 13 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo