Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de legumes, conservas vexetais e outros (expediente MS-EIS1-17-015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIS1-17-015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de legumes, conservas vexetais e outros para a Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): tres (3) lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 03212220-8, 03211300-6 (lote 1), 15870000-7 (lote 2), 15331400-1 (lote 3) y 03221120-3 (lote 4).

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 3 de marzo de 2017, Boletín Oficial del Estado do 24 de febreiro e DOUE do 16 de febreiro.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 253.812,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 105.755,00 €. Importe total: 114.382,90 €.

6. Formalización do contrato:

Lotes

Empresas

Data de adxudicación

Data de formalización do contrato

Importe adxudicación sen IVE (€)

Importe adxudicación con IVE (€)

1

Mercash, S.L.U.

18.8.2017

16.9.2017

27.882,00

28.997,28

2

Casa Pepe Vigo, S.L.

3.039,09

3.343,00

3

Casa Pepe Vigo, S.L.

59.464,34

65.410,78

4

Alimentación J. Quintela, S.C.

5.704,00

6.274,00

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela