Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información e análise funcional e desenvolvemento correctivo e evolutivo dos sistemas de información hospitalarios de Galicia (expediente AB-SER1-18-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 18.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3.1.2018.

d) Número de expediente: AB-SER1-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de proxectos de aplicacións do servizo de xestión de proxectos de sistemas de información e análises funcional e desenvolvemento correctivo e evolutivo dos sistemas de información hospitalarios de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución do sistema

0-20

Metodoloxía de traballo

0-16

Definición do plan de participación de recursos

0-14

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Prezo hora ofertado en € (desagregando o IVE)

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 3.702.400 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.851.200 euros. Importe total: 2.239.952 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do orzamento base de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría d ou 4 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.6.2. e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.1.2018.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 24.11.2017.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos