Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56008

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 122/2017, do 28 de novembro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o nove de novembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese, como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, María Montero Muñoz, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e oito de novembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente