Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, do servizo de vixilancia e seguridade para as dependencias deste instituto en Santiago de Compostela (expediente 02/2018 IGCC).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91.

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Correo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: consumo.xunta.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 02/2018 IGCC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade para as dependencias do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, en Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Santiago de Compostela (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: será de 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si, por un máximo de 12 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea A do seu cadro de criterios de adxudicación do contrato.

4. Valor estimado do contrato: 99.300 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 66.200 euros (IVE excluído). IVE: 13.902 euros. Importe total: 80.102 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea F do seu cadro de características.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=224985

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia