Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0832/2017-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da solicitude de recusación do instrutor no expediente sancionador PSC-PO-0832/2017-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Vigo, 27 de novembro de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0832/2017-PPM

Juan R. Otero López

36025408W

Resolución recusación do instrutor

Apartado nº 15, Baiona

PSC-PO-0895/2017-PPM

Juan R. Otero López

36025408W

Resolución recusación do instrutor

Apartado nº 15, Baiona