Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de resolucións de recursos que os afectan.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados das resolucións de varios recursos contra as bases definitivas da devandita zona, que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dedde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte á sua notificación, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outra que achen pertinente.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso nº 11 contra as bases definitivas.

Interesado: David García García. Prop.: 122.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 24 contra as bases definitivas.

Interesado: Ramón Pato Seijas. Prop.: 274.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 31-32 contra as bases definitivas.

Interesado: José Rodríguez Corral. Prop.: 316.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 36 contra as bases definitivas.

Interesado: José Ramón Rodríguez Puente. Prop.: 336.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 39 contra as bases definitivas.

Interesado: Ramón Pato Seijas. Prop.: 274.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 40 contra as bases definitivas.

Interesado: Pilar Carmen García Corral. Prop.: 119.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 41 contra as bases definitivas.

Interesado: José Antonio Sánchez Paz. Prop.: 370.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 43 contra as bases definitivas.

Interesado: María Freire Castelo. Prop.: 101.

Acto notificado: resolución.