1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Proxectos e Obras.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfonos: 981 54 55 26/881 99 60 46.
4º. Fax: 981 54 01 18.
5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal
6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2017_007_SXT_OPL.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición: o obxecto desta contratación é a realización das obras de reparación e acondicionamento do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).
e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 45000000-7: Traballos de construción.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6 do PCAP.
4. Orzamento base de licitación: setenta e seis mil trescentos setenta e oito euros con oitenta e un céntimos (76.378,81 €), IVE incluído.
Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/621/2017, do 20 de xuño, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2017, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado, incluíndo aquelas destinadas á execución do Programa de acción conxunto para a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración ou a norma que a substitúa.
5. Valor estimado do contrato: sesenta e tres mil cento vinte e dous euros con noventa e oito céntimos (63.122,98 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación, IVE excluído, constituída ante a caixa xeral de depósitos.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver as cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixida á Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.
c) Documentación necesaria: a sinalada no PCAP.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.
Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.
Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=233677
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Industria