A Orde do 30 de marzo de 2017 (DOG do 17 de abril) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para adxudicar premios nas modalidades A e B.
Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola comisión avaliadora, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2017, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria
ANEXO
Modalidade |
Premio |
Proxecto |
Autores |
Centro educativo |
Puntuación |
Importe |
A |
1º |
Eficonter |
Juan Bautista Gracia Villalva Alberto Ortiz Abad Joshua Axel Pysar |
CIFP Someso |
89 |
3.000 € |
A |
2º |
Emega, S.L.N.E |
Jon Jhonn Alonso Aramburu Néstor Soto Barreiro |
IES Luís Seoane |
85 |
2.000 € |
A |
3º |
Plantación ecolóxica de Arándanos |
Almudena González Pardal Tatiana Vázquez Alfaya |
CIFP A Granxa |
81 |
1.000 € |
Modalidade |
Premio |
Proxecto |
Autores |
Centro educativo |
Puntuación |
Importe |
B |
1º |
Electricall, S.L.N.E. |
José Manuel Abella Rivera Jesús López Ramos Rubén López Sánchez |
IES Calvo Sotelo |
80 |
3.000 € |
B |
2º |
Ihelpu, S.L. |
Lorena Láuzara Sánchez Lara Medín Caramés Iván Brea Liste |
CPR Nebrija Torre de Hércules |
76 |
2.000 € |
B |
3º |
Encontros, S.L.N.E. |
Mª José Pinagorte Cedeño Tony Manuel Búa Benítez Antonella Franco Irene Fandiño Parrado |
CIFP Compostela |
72 |
1.000 € |