Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55885

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017 pola que se publica a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, en aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de setembro de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

A vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade foi aprobada mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de setembro de 2016 (DOG núm. 185, do 28 de setembro), modificada polo Acordo do 28 de xullo de 2017 (DOG núm. 150, do 8 de agosto). Nela figura o posto de persoal laboral, código SA.C99.10.000.15001.066, vixilante nocturno, coa observación «Cando sexa vacante, transformar en ordenanza».

A observación sinalada foi engadida con anterioridade, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 246, do 26 de decembro) (expediente: SA-D-01-2013).

Ao atoparse vacante o dito posto, procede aplicar a previsión aprobada polo Consello da Xunta de Galicia, que comporta a modificación da denominación do posto e a supresión da súa observación, nos termos sinalados no anexo desta resolución.

Así, vista a observación contida no Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de setembro de 2016, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file