Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da redacción do proxecto de construción das novas bancadas de gol e marcador, dun aparcadoiro subterráneo e dun proxecto conxunto do Estadio Municipal de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Número de expediente: 5.036-440.

2. Obxecto do contrato: a redacción do proxecto básico e de execución das obras das novas bancadas de gol e marcador do Estadio Municipal de Balaídos e dun aparcadoiro subterráneo, así como dun proxecto refundido do conxunto do estadio para a súa tramitación polo procedemento previsto na Lei 3/2016, de medidas en materia de proxecto públicos de urxencia ou de excepcional interese.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: oito (8) meses. Prórroga: non se fixa.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 743.739,00 euros. IVE para soportar pola Administración: 156.185,19 euros. Orzamento total: 899.924,19 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Serán traballos de igual ou similar natureza os relativos á redacción de proxectos de obras de construción de obra civil e edificación de instalacións deportivas ou de infraestruturas multiuso para a celebración de espectáculos de calquera índole.

Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos dos descritos no parágrafo anterior por un importe superior a 250.000 € (o importe computarase na anualidade da data de sinatura do contrato). Así mesmo, considerarase acreditada a solvencia cando o importe dos proxectos redactados teñan un prezo execución material igual ou superior a 5.000.000 de euros (a cuantificación do importe dos proxectos será de aplicación na anualidade correspondente ao ano no cal fose entregado o proxecto de obra).

Os servizos ou traballos efectuados de acordo cos condicionantes recollidos nos dous parágrafos anteriores acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público. Cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación das ofertas: prazo: o prazo rematará o 3 de xaneiro de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 27 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación