Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto multicriterio, documentalmente simplificado e tramitación urxente, do servizo de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo (expediente 1/2018 XTL).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70 baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4º. Teléfono: 982 29 42 81.

5º. Fax: 982 29 42 82.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

7º. Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: 1/2018 XTL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo.

c) Lugar de execución: provincia de Lugo.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 170.000 euros.

5. Orzamento de licitación:

Importe neto: oitenta e cinco mil euros (85.000,00 €).

Importe total: cento dous mil oitocentos cincuenta euros (102.850,00 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: ver a cláusula 7.3 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver a cláusula 7.3 do PCAP.

8. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará a contar o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais; no cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingo e festivos e, cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver a cláusula 8 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70, baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

11. Outras informacións: poden obterse os pregos na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/

Lugo, 29 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo