Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 12/2010.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que se relaciona a continuación a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírtese que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Expediente: 12/2010.

Empresa: Metálico, S.L.

CIF: B27015684.

Enderezo: rúa da Industria, 36, baixo. Polígono do Ceao, 27003 Lugo.

Empresas solidarias: Seguridad Colectiva, S.L. e Canalugo, S.L.

Data da resolución: 13 de novembro de 2017.

Lugo, 22 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo