Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de novembro de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da adxudicación de vivenda de promoción pública.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de novembro de 2017

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: adxudicación de vivenda de promoción pública.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

OU2006010:30

Nicanor Gallego Cid

...861H