Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a finalización por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2017173AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puído levar a cabo a notificación da finalización por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2017173AL-CO, incoado a Bernardina de la Cruz Rosario.

A resolución de finalización dítase unha vez efectuado o ingreso da sanción con redución, por acollerse ao establecido no artigo 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lémbrase que, de presentar recurso de alzada, perdería o dereito a redución, conforme o punto 3 do artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 15 de novembro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2017173AL-CO.

Interesada: Bernardina de la Cruz Rosario (Club Selfie).

DNI/NIF/CIF: 32925885M.

Último enderezo coñecido: Ponte Baxoi, 9, 15630 Miño.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.