Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación da obra de beirarrúas na rúa Barreiro incluída no POS+2017 (expediente 2017/C003/000006).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Fax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C003/000006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: beirarrúas na rúa Barreiro.

c) CPV 45233252-0 traballos de pavimentación de rúas.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento base de licitación: 58.098,87 euros máis IVE de 12.200,76 euros. Total: 70.299,63 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 69.718,64 euros.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 12.1.2 (Documentación simplificada) do prego de cláusulas administrativas.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: publicarase no perfíl do contratante.

10. Pregos: é de aplicación o prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña (BOP núm. 3, do 7.1.2016).

11. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 28 de novembro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde