Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais desta consellería (expediente 1/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan, como máximo, seis (6) meses máis.

f) CPV: 909192004.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas matemáticas, recollidos na alínea A dos criterios de adxudicación do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 110.000,00 €, IVE (21 %): 23.100,00 €. Importe total: 133.100,00 €.

Valor estimado: 198.000 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A ou 1, está exento de presentar solvencias (alínea F do cadro de características do contrato).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do contrato.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 50 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=219439

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante télex, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Datas e horas: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: os datos para a subrogación dos traballadores están recollidos no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar