Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución en relación co expediente de concentración parcelaria de Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra), en modificacións de bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar), teléfono 986 80 54 40.

Pontevedra, 21 de novembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

Interesada

Acto que se notifica

1234/17

Santorum Lede, Rosa

Resolución