Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente SAAD12-15/3741572/2010-50 e catro máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e unha vez intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse as persoas citadas no anexo ou o seu representante, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, para ter coñecemento do contido das resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A.

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do

documento

SAAD12-15/3741572/2010-50

Balbina Díaz Lorenzo

32581071F

Resolución de aprobación

16.9.2016

SC-60685

Ramallo Ozores, Paula

53796518R

Resolución de recoñecemento

23.6.2016

SC-60697

Sánchez Presaras, Isabel

33051949Y

Resolución de recoñecemento

14.7.2016

Procedemento de reintegro das prestacións indebidamente percibidas.

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data do

documento

CO-19899

Calbacho Villasante, María Teresa

37253422T

Resolución de reintegro de prestación indebidamente percibida

24.10.2016

FE-14077

Torres López, Carmen

López Filgueira, María Carmen (filla)

32454727W

Resolución de reintegro de prestación indebidamente percibida

12.9.2016