Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de execución de resolución e arquivamento do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2015/107-3.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á interesada o trámite de execución de resolución e arquivamento do expediente de reclamación eléctrica que a seguir se relaciona, anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

A interesada dispón dun prazo de dez días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada, na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 22 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

Interesada

DNI

IN635A 2015/107-3

Teresa Lisieux Silva

X-7069353G