Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 22/2017, en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

A secretaria xeral de Medios acordou a iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 22/2017, en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual.

Ante o resultado negativo de dous intentos de notificación no domicilio coñecido da persoa interesada e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de iniciación do expediente sancionador SXMEDIOS 22/2017 para que teña coñecemento del.

Así mesmo, notifícaselle ao interesado que dispón dun prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular alegacións sobre o contido deste acordo de iniciación e achegar cantos documentos e información considere convenientes, sen prexuízo do trámite de audiencia regulado no artigo 82 da Lei 39/2015. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, poderá propor proba concretando os medios de que pretende valerse.

O acordo de inicio deste expediente sancionador está á disposición do interesado no Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal), para que poida acceder ao seu contido de forma voluntaria. Así mesmo, poderá consultar o expediente nas dependencias desta Secretaría Xeral de Medios, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Expediente: SXMEDIOS 22/2017.

Denunciado: Faustino Louzao Pan.

NIF: 35302685P.

Resolución: 31 de outubro de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.