Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55383

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura do Servizo de Atención Primaria).

Convocada pola Resolución do 29 de agosto de 2017 (DOG nº 184, do 27 de setembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefatura do Servizo de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 29 de agosto de 2017 (DOG nº 184, do 27 de setembro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 6 de novembro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Atención Primaria de Coia.

Nome e apelidos: Lorena Mantilla González.

DNI: 36151477P.