Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (396/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 396/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Alonso Ramos contra Talleres Fernández Coruña, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: P. ordinario nº 396/2015.

Demandante: Sergio Alonso Ramos.

Letrado: Sr. Orantes Canales.

Demandada: Talleres Fernández Coruña, S.L.

Fogasa

Sentenza nº 602/17

A Coruña, 8 de novembro de 2017.

Decido:

Estimar a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Sergio Alonso Ramos contra a empresa Talleres Fernández Coruña, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 928,22 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza