Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55238

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura da Unidade de Atención Primaria).

Convocada mediante a Resolución do 25 de agosto de 2017 (DOG nº 184, do 27 de setembro), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura da Unidade de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefatura da Unidade de Atención Primaria), anunciada mediante a Resolución do 25 de agosto de 2017 (DOG nº 184, do 27 de setembro).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 3 de novembro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe da Unidade de Atención Primaria de Ponteareas II.

Nome e apelidos: Gabriel Camacho Cascajo.

DNI: 32825427B.

Posto de traballo: xefa da Unidade de Atención Primaria de Gondomar.

Nome e apelidos: Olga María Villar Moreira.

DNI: 33279950P.