Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 55037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

Iniciado o procedemento relacionado co RC-A 320/2017, procedemento abreviado, por Manuel Luis Cabaleiro Guerreiro, que se está a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, contra resolución das reclamacións dos aspirantes ás prazas de policía local correspondentes á OEP 2010-2011, por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 24 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (decretos e acordos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal