Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de vixilancia e seguridade de dependencias desta consellería en Vilaxoán (expediente 3/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade en dependencias e bens mobles adscritos á Consellería do Mar en Vilaxoán (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non hai lotes.

e) Duración do contrato: doce (12) meses.

f) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan, como máximo, doce (12) meses máis.

g) CPV: 79714000 e 79710000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas matemáticas, recollidos na alínea A dos criterios de adxudicación do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 123.966,94 €. IVE (21 %): 26.033,06 €. Importe total: 150.000 €.

Valor estimado: 247.933,88 € (IVE excluído).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Non se exixe a clasificación. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación no grupo M, subgrupo 2, categoría B ou 2, está exento de presentar solvencias (alínea F do cadro de características do contrato).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: volume anual de negocios por importe mínimo de 185.950,41 €, e relación de subministracións que garden relación co obxecto do contrato por importe mínimo de 86.776,86 €, segundo se detalla nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do contrato.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 40 70 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, de 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enlace http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221068

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante télex, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Datas e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas particulares (PPTP).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017, DOG nº 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar