De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 6 de novembro de 2017, do proxecto de ampliación da capacidade produtiva da planta de elaboración de preparados de produtos do mar, no concello de Redondela (Pontevedra), promovido por Pescanova España, S.L.U.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático