Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e ao non ser posible realizala, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a realizar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselles saber que dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego de Ourense, A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, 2-baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.
Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Ourense, 7 de setembro de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: X7707108S/17/07/2017/2.1.E.
Nome: Helder Antonio de Sousa Ribeiro.
Concello: O Pereiro de Aguiar (Ourense).
Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.
Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a Helder Antonio de Sousa Ribeiro con NIE X7707108S a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.