Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54628

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017.

Conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 14 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 26 de outubro de 2017, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 14 de xuño de 2017 (DOG núm. 123, do 29 de xuño) para a execución de:

– Cinco proxectos para investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, por un importe global de cento corenta e catro mil sesenta euros con dous céntimos (144.060,02 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO
Axudas para proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación
en materia de cooperación para o desenvolvemento

Nº de expediente

Entidade solicitante

Destinatario/a

(investigador principal)

Denominación proxecto

Orzamento
total

Subvención concedida

Total

Anualidade
2017

Anualidade
2018

PR 815A 2017/6

Universidade de A Coruña-Facultade de Economía

Valentín Alejandro Martínez Fernández

O turismo comunitario como instrumento no desenvolvemento humano das parroquias Mangahurco e Cazaderos do cantón Zapotillo, provincia de Loja: xeración dun modelo aplicado baseado na inclusión, sustentabilidad, xénero e naturaleza.

29.295,40 €

27.795,40 €

13.897,70

13.897,70

PR 815A 2017/11

Universidade de Santiago de Compostela-Facultade de Ciencias da Educación agrupada con Solidariedade Internacional de Galicia

Silvana Longueira Matos

A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I.

31.580,00 €

30.000,00 €

15.000,00

15.000,00

PR 815A 2017/12

Universidade de Santiago de Compostela-Facultade de Ciencias da Educación agrupada coa Fundación Intered

Germán Vargas Callejas

Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sostibilidade e a cooperación en Galicia e República Dominicana-investigación acción.

33.336,82 €

29.739,76 €

14.869,88

14.869,88

PR 815A 2017/7

Universidade da Coruña-Facultade de Fisioterapia agrupada coa Asociación Sólida

Verónica Robles García

Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: artellando redes.

32.000,00 €

30.000,00 €

15.000,00

15.000,00

PR 815A 2017/5

Universidade da Coruña-ETS Enxeñería, Canais e Portos

Enrique Peña González

Implementación de índices de secas como ferramentas de vixilancia e alerta temperá para o desenvolvemento de plans de preparación e xestión de secas no norte de Mozambique.

27.920,90 €

26.524,86 €

13.262,43

13.262,43

TOTAL CONVOCATORIA

154.133,12 €

144.060,02 €

72.030,01 €

72.030,01 €