Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0054 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se mencionan no anexo as resolucións de cancelación das súas respectivas inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque non foi posible realizar a notificación persoal ás persoas interesadas.

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. De non se interpoñer recurso no dito prazo, as resolucións devirán firmes.

A eficacia destas resolucións queda supeditada á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 3 de novembro de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

LU-2013/0054

Catriel Pehuen Muriel

39596971

LU-2013/0082

Isabel Mateo Arismendy

BR0090924