Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (206/2017).

PO Procedemento ordinario 206/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Silvia Dobarro Álvarez

Demandado: Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Silvia Dobarro Álvarez contra Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 206/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 8.2.2018 ás 9.50 e 9.55 horas, na planta baixa, Sala 1, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Sigisfredo Omar Ruiz Mancilla, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 7 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza