Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 14 de novembro de 2017
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: VP-C 44/17.
Persoa interesada: Pilar Vallés Herrero.
DNI/NIE/NIF: ...601S.
Expediente: VP-C 48/17.
Persoa interesada: Herupasa, S.L.
DNI/NIE/NIF: B-36417004.