Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2017 pola que se notifican os acordos mediante os cales se resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2016000923 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01611. Mellora da vía Clara Campoamor. Clave: Po/14/053.03. Termo municipal de Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº do expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Alfonso Posada Troncoso e outra

Alfonso Posada Troncoso e outra

Alfonso Posada Troncoso e outra

Alfonso Posada Troncoso e outra

28.9.2017

28.9.2017

28.9.2017

28.9.2017

2016000923

2016000925

2016000926

2016000927

035

037

038

039

4.615,13

2.317,08

551,25

126,00