Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se require a acreditación da representación a unha propietaria afectada polo proceso de concentración parcelaria da zona de Cures-Boiro (Boiro).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Manuela Santamaría Lojo

Requirimento

Cures-Boiro (Boiro-A Coruña)