Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de servizos, documentalmente simplificado, suxeito a regulación harmonizada, denominado Execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección. 54 prazas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 62/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección.

b) Número de lotes: 6. Lote 1: Ribeira. 10 prazas. Lote 2: Lugo. 8 prazas. Lote 3: Monforte de Lemos. 8 prazas. Lote 4: Ourense. 8 prazas. Lote 5: O Barco de Valdeorras. 10 prazas. Lote 6: Ponteareas: 10 prazas.

c) Lugar de execución: Ribeira (A Coruña), Lugo (Lugo), Monforte de Lemos (Lugo), Ourense (Ourense), O Barco de Valdeorras (Ourense) e Ponteareas (Pontevedra).

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2020.

e) Admisión de prórrogas: ata un máximo posible de 3 anos (1.096 días).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado e SARA.

4. Orzamento base de licitación:

Prezos unitarios máximos por praza/día, sen IVE. Prazas xerais: 85,77 €. Prazas especiais: 109,79 €. Prazas de día: 45,79 €.

Prezos unitarios máximos por praza/día, con 10 % IVE. Prazas xerais: 94,35 €. Prazas especiais: 120,77 €. Prazas de día: 50,37 €.

Orzamento máximo total sen IVE: 3.866.972,96 €. Con IVE: 4.253.773,28 €.

5. Garantías:

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 4 da cláusula 3).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas do 26 de decembro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

e) Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222218.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social