Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2017 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas (expediente 2017_023_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26/981 54 55 23.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_023_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: este contrato ten por obxecto o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega (nas condicións previstas na cláusula 5.1 do prego): oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) dirixido á Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

e) Prazo de execución/entrega: oito (8) días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (Vocabulario común de contratos públicos): 98390000-3 Outros servizos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula L da folla de especificacións do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: douscentos corenta e dous mil cento cincuenta euros con setenta e sete céntimos (242.150,77 €), IVE incluído, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2017, 2018 e 2019, de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Orzamento.

Anualidades

2017 (€)

2018 (€)

2019 (€)

Total (€)

Orzamento (sen IVE)

40.024,93

120.074,76

40.024,92

200.124,60

IVE (21 %)

  8.405,23

  25.215,70

  8.405,23

  42.026,17

Total con IVE (21 %)

48.430,16

145.290,46

48.430,15

242.150,77

5. Valor estimado do contrato: o valor estimado do contrato (IVE excluído) é de 205.434,12 euros, segundo o seguinte cálculo:

– Importe neto do contrato: 200.124,60 €.

– Límite máximo das modificacións do contrato: 5.309,52 €.

– Total valor estimado (sen IVE): 205.434,12 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as cláusulas H e I da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais; no cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos e, cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado en San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixidos á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.1 do PCAP.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=221559

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria